ESTATUTOSCAPÍTULO II Artigo 7. Poderán ser integrantes da asociación todas as persoas fisicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos: Que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación. Formalización escrita da integración. Etc.. Artigo 8. Dentro da asociación poderán coexistir as seguintes clases de asociados/as: 1. Fundadores, que serán aqueles que participen no acto de constitución da asociación. 2. Numerarios, que serán aqueles que ingresaron con posterioridade á constitución da asociación. 3. Honorarios, que serán aqueles que a xuízo da Asemblea xeral ou da Xunta Directiva, segundo se estableza, se fagan acredores de tal distinción por contribuir de xeito notable á dignificación ou desenvolvemento dos fins da asociación. 4. Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participan na asociación, que, no seu caso, estarán integradas nas sección infantil. 5. Outros: asociados/as benefactores, simpatizantes, etc. Artigo 9. Os asociados/as numerarios ou fundadores teñen os seguintes dereitos: 1. Participar nas asembleas con voz e voto. 2. Poder elixir e ser elixido/a para os cargos directivos. 3. Tomar parte en cantas actividades organice a asociación no cumprimento dos seus fins. 4. Gozar todas as vantaxes e beneficios que poida proporcionar a asociación. 5. Facerlles suxestións aos membros da Xunta Directiva cara a mellorar o cumprimento dos fins da asociación. 6. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da asociación. 7. Aqueloutras que sexan recollidas na lexislación vixente. Artigo 10. Os asociados/as terán as seguintes obrigas: 1. Asistirás asembleas xerais. 2. Satisfacer as cotas que se establezan. 3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos. 4. Prestar cantos servicios determinen os estatutos, o Regulamento de réxime interno e os acordos das asembleas xerais. 5. Observar unha boa conducta individual e cívica. 6. Cumprir os acordos da Asemblea xeral e o contido dos estatutos. 7. Aqueloutras que se recollan na lexislación vixente. Artigo 11. Os asociados/as honorarios, infantís e outros terán as mesmas obrigas que os/a asociados/as fundadores e numerarios agás a posibilidade de intervir nos órganos d representación e de dirección da asociación. Así mesuro, terán indénticos dereitos coa excepción de poder elixir ou ser elexidos para os cargos directivos e poderán asistirás asembleas xerais con voz pero sen voto. Artigo 12. Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Direciva, unha vez recibida a peticición escrita da persoa que desexa ser admitida. Artigo 13. A condición de asociado/a pérdese: 1. Por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, e tralo aboamento das cotas debidas ata ese intre. 2. Por impago dun número determinado de cotas. 3. Por realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación. 4. Por expediente disciplinario. Artigo 14. A expulsión de asociados/as será acordada pola Xunta Directiva, trala audiencia da persoa interesada. En todo caso o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria. Artigo 15. A separación temporal dun/dunha asociado/da pódese producir: 1) Por petición persoal do/da asociado/da por escrito. 2) Polo acordo da Xunta Directiva, ben: a) por estarse tramitando un expediente sancionador b) por outras causas xustificadas que o aconsellen: - comportamentos que afecten a boa marcha dos fins da asociación - retraso nos pagamentos dalgunha cota.
|