ESTATUTOSCAPÍTULO III Artigo 16. O goberno e representación da asociación están a cargo dos seguintes órganos: 1. A Asemblea xeral, máximo órgano de goberno. 2. A Xunta Directiva, órgano colexiado,en que a asamblea delega o goberno da asociación. 3. Presidente/a, o vicepresidente/a, o secretario/a e o tesoureiro/a, órganos unipersoais e con funcións de goberno e representación determinadas polos presentes estatutos. Artigo 17. A Asemblea xeral de asociados/as é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todos os seus integrantes. O/A presidente/a e o/a secretario/a serán os mesmos que os da Xunta Directiva(opcional). Artigo 18. A Asemblea xeral reunirase con carácter ordinario unha vez ao ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos asociados/as. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido á Presidencia, autorizado co s sinaturas dos e das solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. Artigo 19. A Asemblea xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos catro meses seguintes do peche do exercicio. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación pola Presidencia da asociación, e deberá ser notificada por escrito no domicilio dos/as asociados/as. Na convocatoria han de aparecer o lugar, data e hora da asemblea, así como a orde do día con expresión concreta dos temas para tratar e os anexos que procedan. Tamén haberá de sinalarse a hora da segunda convocatoria, sen que entre a primeira e a segunda convocatoria poida mediar un prazo inferior a media hora. Artigo 20. Para que as asembleas poidan tomar acordos, estarán integradas polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade mais un do total de asociados/as na primeira convocatoria ou con calquera número de asociados/as asistentes na segunda convocatoria. Artigo 21. Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen ós negativos, non serán computables os votos en branco nin as abstencións. Será precisa a maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para: 1. Ratificar a expulsión das e dos asociados por proposta da Xunta Directiva. 2. Aprobar a federación con outras asociacións. 3. Solicitar a declaración de utilidade pública. Artigo 22. Son competencias da Asemblea xeral ordinaria: 1. Aprobar o plan de actividades proposto pola Xunta Directiva. 2. Examinar e aprobar a memoria de actividades. 3. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior. 4. Aprobar o orzamento proposto pola Xunta Directiva. 5. Aprobar o Regulamento de réxime interno da asociación. 6. Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias. 7. Acordar a remuneración, de ser o caso, dos membros dos órganos de representación. 8. As demais que resulten dos estatutos e que non estean expresamente conferidas á Asemblea xeral ou á Xunta Directiva. Artigo 23 . Son competencias da Asemblea xeral extraordinaria: 1. Modificar os estatutos da asociación. 2. Disolver a asociación e nomear os liquidadores. 3. Aprobar a federación con outras asociacións. 4. Ratificar a expulsión de asociados/das a proposta da Xunta Directiva. 5. Solicitar a declaración de utilidade pública. 6. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais. 7. Elixir os integrantes da Xunta Directiva. Artigo 24. Os acordos adoptados conforme cos preceptos anteriores obrigarán a todos e todas os asociados, mesmo aos non asistentes. As sesións comezarán coa lectura por parte do/a secretario/a da acta da asemblea anterior qúe deberá ser aprobada. A continuación comunicará a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que corresponda. procedéndose á súa aprobación nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia que se trate. Unha vez rematados todos os asuntos da orde do día abrirase, se así o considera oportuno o/a presidente ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de membros, a quenda de preguntas e suxestións. Concluido este punto, o/a presidente dará por rematada a sesión. Artigo 25. Poderase recorrer contra os acordos que vaian contra destes estatutos ou infrinxan os fins da asociación en reposición perante a Asemblea xeral. A partir da resolución deste recurso quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria. Artigo 26. A asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva composta por: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e, de ser o caso, vocais. Todas as persoas que compoñen a Xunta Directiva deberán ser asociados/as, maiores de idade, estar en pleno uso dos dereitos civis e non estar incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente. Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos(opcional), sen perxuizos do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados. Os cargos deberán ser designados e revocados pola Asamblea xeral extrordinaria e o seu mandato terá unha duración de 2 anos e poderán ser reelexidos. Artigo 27 . Os cargos da Xunta Directiva cesarán na súa función polas seguintes causas: 1. por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Dierctiva. 2. por expiración do mandato. 3. por incumprimento das obrigas que tiña encomendadas. Nos casos 1) e 2) continuarán nos seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación de quen os substitúa. Artigo 28. A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario unha vez o mes e con carácter extraordinario cantas veces o determine a Presidencia ou por petición de calquera dos seus membros. A convocatorian realizarase como mínimo con tres días de antelación mediante citación persoal na que se recollerá a orde do día. Realizada a convocatoria, a xunta quedará constituida pola asistencia da metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos. No caso de empate, o voto do/a presidente/a será de calidade. Articulo 29. As facultades da Xunta Directiva estenderase, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da asociación. sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea xeral. En particular son facultades da Xunta Directiva: 1. Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos. 2. Executar os acordos da Asemblea xeral. 3. Convocar as asembleas xerais. 4. Formular e someter a aprobación da Asemblea xeral o programa de actuación, así como a memoria de xestión correspondente. 5. Formular e someter a aprobación da Asemblea xeral o orzamento do exercicio, así como os balances e as contas do exercicio pechado. 6. Resolver sobre a admisión de novos asociados/as. 7. Crear comisións de traballo co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos e actividades ou recadar delas informacións necesarias. Ao cargo destas comisións designarase un membro da Xunta Directiva. 8. Nomear delegados para determinadas actividades da asociación. 9. Interpretar os estatutos e o Regulamento de réxime interno e velar polo seu cumprimento. 10. Calquera outra facultade que non sexa de exclusiva competencia da Asemblea xeral. Artigo 30. A Presidencia da Xunta Directiva terá as seguintes atribucións: 1. Presidir e dar por rematadas as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea xeral, dirixir as deliberacións dunha e doutra, e decidir con voto de calidade en caso de empate. 2. Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado. 3. Ordenar pagamentos e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas, certificacións e correspondencia. 4. Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou conveniente, sen perxuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva. Artigo 31. O/A presidente/a será asistido nas Búas funcións por un/unha vicepresidente/a, que, ademais, substituirano/a nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. Artigo 32. O/A secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados/as e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entitade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente/a. Deberá tamén presentar as contas anuais e o cumprir as obrigas documentais nos termos que legalmente se establezan. Artigo 33. O tesoureiro/a exerce a dirección dos traballos de xestión económica da asociación, a custodia e levanza dos libros de contabilidade e os inventarios, así como tódolos documentos económicos necesarios para a elaboración das contas e balances. Deberá preparar os orzamentos, as contas anuais e os balances perante a Xunta Directiva e a Asemblea xeral, así como dar cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a presidente/a. Artigo 34. Os/as vocais no número que detemine a Asemblea xeral terán as seguintes atribucións: 1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación. 2. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
|