ESTATUTOS
CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 35. A asociación como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderá distri uir os recursos obtidos entre os/as asociados/as, senón que, deberán destinarse, exclusivament , ao cumprimento dos seus fins.
Artigo 36. O patrimonio da asociación é de 6.500 euros.
Artigo 37. O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano(opcional). Así, o seu orzamento será anual e deberá ser aprobado pola Asamblea xeral ordinaria do exercicio económico que corresponda e a liquidación do orzamento terase que presentar necesariamente, na Asemblea xeral ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio.
Artigo 38. Anualmente e con referencia ao derradeiro día do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e o balance de situación, que se formalizará nunha memoria que será posta a disposición dos/as asociados/as durante un prazo non inferir a 15 días do día sinalado para a Asamblea xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 39. Os recursos económicos dos que dispón a asociación para o cumprimento dos seus fins son:
1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e que sexan aprobadas pola Asemblea xeral.
3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder os organismos públicos, entidades privadas ou particulares.
4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación. 5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 40. Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a asociación os ten depositados, deberá a entidade bancaria ter recoñecidas as sinaturas que corresponden ao/á presidente/a, e o/a tesoureiro/a, para o seu emprego conxunto.
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO INTERNO
Artigo 41. O regulamento de rexime interno, de ser o caso, desenvolverán aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, e non poderán ir en ningún caso en contra do estipulado neles.
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 42. Os presentes estatutos poderán ser modificados por proposta da Xunta Directiva ou un cuarto dos asociados/as.
A convocatoria da Asemblea xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 10 días para que calquera asociado/a poida dirixirlle á Secretaría as propostas ou enmendas que considere oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días a súa realización.
Artigo 43. Para ser aprobada a reforma dos estatutos será necesario o voto favorable de 2/3 dos membros da Asemblea xeral de asociados/as.
anterior |